saúdas a rosa que murcha pende sobre o azulexo
e cravas as córneas na imaxe cando interna
recunca
sabemos que o nervio foxe de si por asentir no
consciente
sendo quen de retraer a dirección dos efluvios
existe unha forma en potencia do ser
para explosión acústica sen límite
existe o volume que o sorriso esculpe no
rostro
cando se cede á benvida
a rapaza guinda unha lousa á superficie
fluvial
ollando a magnitude fractal do rebote
marca un avance
distánciase
quería amosar como o tempo se alía con ela
quería saberse transhumancia mineral
despois de todo ninguén capaz de pronunciarse
benévolo
no que desminte:
será que o nervio preexiste á man
será que a man co alimento seduce para optar
(Imaxes: Neste caso imaxes aleatorias coma un mesmo.)